16.1.12

Boiro: o xoves 19 de xaneiro, primeira actividade da Red Innpulso, sobre medio ambiente e reciclaxe

Media_httpfarm6static_uglmx

Boiro foi o único municipio galego que conseguiu pertencer á rede INNPULSO, grazas á iniciativa do goberno bipartito anterior

Boiro, 16 de xaneiro de 2012. A “Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)” puxo en marcha unha acción no ámbito do fomento da cultura da innovación INNAC Actitud Innovadora, e dentro desta unha actividade chamada “Ciudades con actitud innovadora”, que está dirixida aos concellos de toda España que foron premiados coa distinción “Ciudad de las ciencias y la innovación”, e forman parte da Red INNPULSO, tal como é o Concello de Boiro.


Esta actuación consiste no desenvolvemento de sesións de creatividade e innovación para obter solucións innovadoras sobre problemáticas identificadas na propia localidade. Neste caso escolleuse o tema "Medio Ambiente e reciclaxe", considerando os problemas locais máis destacados, como son os vertedoiros incontrolados, separación de residuos incorrecta, residuos na rede de sumidoiros, etc.


Trátase dun obradoiro no que participarán tres estudantes de Bacharelato pertencentes aos centros educativos de Boiro IES Praia Barraña e IES Espiñeira, tres empresarios/as de Boiro e tres respresentantes do propio Concello. O tema servirá de base para establecer un diálogo entre a ciencia e a tecnoloxía, a empresa, a administración e a sociedade, desenvolvendo un modelo de colaboración e participación cidadana amplo e efectivo co obxectivo de extraer, unha potencial solución creativa e innovadora, que permita ao concello ter un MAPA DE ACTUACIÓN para implementar esa solución dentro do marco temporal e orzamentario que estime adecuado en función do contexto e situación do municipio.


A “Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología “ (FECYT) farase cargo dos contidos e da dinamización da sesión.
A data seleccionada é o día 19 de xaneiro, de 16.00 a 21.00 horas (aproximadamente unhas 5 horas de sesion), no Centro Social do Concello de Boiro. Nas dúas últimas horas permítese a asistencia de persoas observadoras que queiran aportar algo á sesión (previa solicitude no Departamento de Emprego ou Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical