Imaxes cortesía de Paco do Martelo
- Nunha das paredes máis vistas por todos os que atravesamos Porto do Son en vehículo agora acumúlanse entullos e lixo
Porto do Son, 24 de agosto de 2012. O ano pasado informamos da aparición dun primeiro mural:
Agora, a éste súmase outro máis, pintado tamén polos integrantes do campamento xuvenil que hai ao pé, como actividade artística. Mais ese sofá que leva tempo esquecido sen retirar polo Concello e o lixo e entullos que o acompañan deslocen o novo aspecto do muro. Desfeita urbanística e vergoña políticaPor que o bautizamos como a "parede da desfeita urbanística"? Esta foto explícao todo:
Logo pasou a ser o "muro da desvergoña política": namentres unha das promesas típicas dos políticos é manter limpa a súa vila, e cánsanse namentres están na oposición de criticar por estes asuntos, cando chega a campaña electoral non lles importa poñer os currunchos dos seus municipios así:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario