- Medida xa en vigor, durará ata o sábado 7 de xaneiro
Ribeira, 13 de Nadal de 2011. O Concello informa de que, a petición dos propios usuarios da biblioteca pública de Ribeira, tomouse a decisión de que esta instalación abra os sábados durante as datas de Nadal, facéndoo de 9.30 a 14 horas.
Esta medida xa se fixo efectiva o pasado sábado 10 de decembro e permanecerá en vigor ata o 7 de xaneiro.
Cabe lembrar que de luns a venres, a biblioteca está aberta de 10 a 14 e de 17 a 21 horas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario