18.8.12

Ribeira: "Ocean Man" xunta este sábado 18 en Coroso aos mellores socorristas de Portugal e España

Ocean_man

  •  Hai 200 participantes anotados

 

Ribeira, 17 de agosto de 2012. – Este sábado, 18 de agosto, vaise celebrar na praia de Coroso unha das probas do Campionato Ocean Man 2012. A competición de resistencia acuática está organizada pola Asociación Española de clubs de Salvamento Acuático xunto co Concello de Ribeira e a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo. Para falar da iniciativa déronse cita hoxe na casa consistorial o concelleiro de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez e o concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá Víctor Reiriz.

 

A iniciativa enmárcase dentro das actividades deportivas que se están a levar a cabo por mor da Semana do Mar e de forma coincidente coa feira Artemar Ribeira, ao igual que a regata Dorna de Prata organizada por Lajareu por Barlovento coa colaboración do Concello que se desenvolverá no mesmo día e lugar que Ocean Man.

 

O campionato consta de catro competicións que se desenvolven nas cidades de Alicante, Ribeira, Lisboa e Málaga. Segundo salientou Juan Luis Martínez:  “decidiuse celebrar o acto un ano máis en Ribeira porque, tanto a asociación como a federación, quedaron moi satisfeitos coa organización, o entorno e a colaboración das distintas concellerías”.

 

As probas

Na competición participarán 200 deportistas de toda España e de Portugal e coa presenza do actual club campión de España e de Europa.

 

As probas serán:

 

      Cadetes e xuvenís: unha proba de táboa, nado e táboa.

      Absolutos: dividirase en Proba de Bandeiras que é unha competición de reacción e translación, e Ocean Man que consiste en recorrer 1.000 m a nado, 2.500 sobre táboas de rescate e 5.000 de ski (un tipo de piragua).

 

Estas probas comezarán en Coroso ás 11 horas e prolongarase durante todo o día ata aproximadamente as 20 horas.

Tamén, en Ribeira:





OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical