Fotos: Diego Romero
Asociacións de comerciantes da zona destinan case 50.000 euros para a campaña de NadalA Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) acordou na reunión mantida na sé da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) o pasado 11 de novembro destinar 44.000 euros á campaña de promoción do comercio neste Nadal 2009. En total son nove agrupacións de empresarios os que poñen os cartos. A última hora deuse de baixa Noia, que se vai con Noia Histórica, co que a cifra aportada resultou idéntica á do ano pasado, pero ao ser menos, toca poñer máis a cada un do que participan nesta anualidade. Aínda que se deu de baixa Noia, voltou Muros, polo que se compensou algo. Ribeira vai por libre e Carnota aínda falta por respostar. Como ocorre co turismo, no comercio aínda queda moito por facer para acadar a unión de todas estas bisbarras. Localismos e minifundismos seguen a ser as pexas, unha en cada pata, destes cabalos económicos da zona.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario