Noia, 31 de xaneiro de 2011. A Concellaría de Tráfico de Noia informa que a rúa Corredoira (onde está a casa da cultura "Antón Avilés de Taramancos") estará mañá, martes día1 de febreiro, cortada ao tráfico. Este corte poderíase prolongar ata o mércores día 2. O motivo é o seu arranxo polo deterioro nas pedras da calzada da citada rúa. O corte de tráfico afectará ao tramo que vai dende Escultor Ferreiro ata o cruce coa Santísima Trinidade, que poderá quedar cortada tamén ao tráfico nalgún momento puntual de traballo.
Para a semana, o 7 de febreiro, cortada Santísima Trinidade
Infórmase ademáis que o vindeiro luns, día 7 de febreiro, está previsto cortar ao tráfico a rúa Santísima Trinidade, para acondicionala tralo notorio deterioro sufrido co incremento de tráfico rodado. Este plan de traballo podería sufrir modificacións en función das condicións climatolóxicas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario