Barbanza-Noia, 31 de xaneiro de 2011. A sabotaxe á caza do raposo que lles anunciamos no noso Facebook para o 29 de xaneiro foi, como era de agardar, movida. A organización pola defensa dos animais Fundación Equanimal presentouse en Pontecaldelas con 150 activistas e leváronas. Non só eles. tamén lle caeu algún pau ou empuxón a algún xornalista que estaba a informar.
Segundo contan os de Equanimal, os cazadores, ademais de insultalos, "golpearon brutalmente tanto a defensores dos animais como a xornalistas". Ante estas agresións, o Sindicato de Xornalistas Galegos emitiu un comunicado no que se piden accións legais contra estas actitudes violentas. Os activistas de Equanimal xa puxeron denuncia contra os cazadores presuntamente agresores.
Equanimal insiste en que a súa organización non é ecoloxista, senón de defensa dos animais. Non pretendían defender ecosistema algún ou algunha especie en concreto (o raposo neste caso) senón salvarlle a vida aos animais ameazados. Desta volta só se cazaron 37 raposos, unha cifra bastante inferior á do ano pasado, de 94.
As imaxes, aportadas por Equanimal, falan por si mesmas, e tamén se pode ler a denuncia interposta.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario