-A partir das 11:00 horas diante da Casa do Concello MESA INFORMATIVA sobre violencia de xénero
- 12:00 horas LECTURA DUN MANIFESTO EN REPULSA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
- MINUTO DE SILENCIO en recordo as mulleres vítimas de violencia
- ACENDIDO DE UNHA VELA EN MEMORIA DE CADA UNHA DAS MULLERES FALECIDAS ao longo desde ano por violencia de xénero
- Como música de fondo escoitaranse durante a mañán, a través dun CD, as cancións de rap elaboradas polos alumnos e alumnas dos institutos Campo de San Alberto e Virxe do Mar, dentro do proxecto “Dille Aí”
- As 13:30 horas PRESENTACIÓN DO CD DO PROXECTO “DILLE AÍ” E “GRAFFITI IGUAIS” no Salón de Plenos do Concello
- Dende o 28 de novembro ata o 2 de decembro exporase no claustro do Concello unha serie de paneis cos grafitis creados polo alumnado dos institutos Campo de San Alberto e Virxe do Mar dentro resultado do desenvolvemento da actividade “Graffiti Iguais”.
Ambos traballos foron realizados polo alumnado de 1º, 2º,3º e 4º de ESO nos dous institutos da nosa vila, a través dunha subvención concedida ao CIM póla Secretaría Xeral de Igualdade para prevención e sensibilización da violencia de xénero no ámbito educativo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario