20.10.11

Dodro: retoman convenio de alimentos coa Cruz Vermella, ante a que está caendo

Charla_3_idade

Dodro, 20 de outubro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello vén de informar que a primeiros de xullo retomou o convenio de colaboración do banco de alimentos coa Cruz Vermella, convenio que se eliminara fai máis de dous anos por parte do goberno anterior.

Este convenio de colaboración coa Cruz Vermella "non supón ningún custe para o concello e benefíciase do reparto de alimentos que esta organización realiza. Mañá venres 21 de outubro o Concello de Dodro recibirá por parte desta entidade 1.737,18 kg de alimentos consistentes en alimentos básicos como arroz, pastas, fariña, caldos, etc ou bebida pausterizadas, cacao, leite, cereais infantis e natillas para nenos/as e persoas da 3ª idade, alimentos que axudarán a mellorar a mala situación económica que están a pasar algunhas familias do concello", explica Marisol Boga, responsable de Servizos Sociais.
http://www.concellodedodro.org/image/image_gallery?uuid=c03066ca-eac2-43a9-ad23-03b1c34def8c&groupId=12226&t=1318857184386

Esta concellería elaborou unhas bases reguladoras para o reparto de estes alimentos e con data 17 de outubro anunciouse un bando comunicando a todas aquelas persoas que necesiten ser beneficiarias, se poñan en contacto coas oficinas de servizos sociais para facer a solicitude correspondente. Os veciños poderán realizar a solicitude para entrar dentro de este programa o longo de todo o ano.
Este primeiro reparto efectuarase nos últimos días do mes de outubro e terá continuidade todos os meses.

Charlas rematadas

Por outra banda, a  Concellería de Servizos Sociais e Igualdade rematou o pasado venres o primeiro ciclo de charlas organizado nos meses de setembro e outubro.
As charlas que ían orientadas a persoas en situación de dependecia, os/as coidadores/as e ás persoas interesadas na temática tiveron unha grande aceptación por parte da veciñanza, sendo moi numeroso o grupo que acudiú a elas.
A última das charlas estaba orientada á prevención na 3ª idade: "Prevención na 3ª idade dos riscos no consumo de medicamentos e outras sustancias", na que se trataron diversas adiccións como o tabaco, o alcohol e os medicamentos, e a maneira de prevenilas. Asistiron a esta charla 30 persoas e recibiron un diploma de asistencia.

Baloncesto para os maiores de 6 anos

Por outra banda, a Concellería de Deportes do Concello oferta unha nova actividade deportiva dentro da súa programación, Baloncesto. Esta nova actividade está dirixida a nenos/as maiores de 6 anos, será gratuita e desenvolverase os sabados de 12h a 13,30h no pavillón polideportivo de Dodro.
As inscricións poden realizarse no departamento de Deportes do concello en horario de oficina ata o 4 de novembro incluido.

Nota de Certo:
Hoxe, 20 de outubro de 2011, temos que darlle os parabéns a Euskadi. Que a liberdade que acadades faga medrar a democracia de tod@s. #AgurETA

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical