15.10.12

Ribeira: xa están as máquinas na rúa Caticovas de Palmeira

 

Ribeira, 15 de outubro de 2012.- O Concello informa do inicio dunha nova actuación dirixida á mellora dos servizos urbanos de auga, saneamento e pluviais na rúa Caticovas, na parroquia de Palmeira. A empresa SYR-AMG, S.L, é a encargada de executar esta actuación, que ten un importe de 79.259,23 euros e un prazo de execución de dous meses.

O camiño obxecto da actuación rexistra unha traza moi irregular, con pavimento de formigón nun tramo e de terra natural noutro. Ademais, a rede de pluviais é inexistente (as augas de chuvia descorren pola superficie) e a zona adoece tamén da falla dun tramo de colectores de fecais que conecte o alcantarillado do lugar próximo da Bouciña coa rede xeral.

O obxectivo fundamental que se persegue con esta nova actuación é a de renovar os servizos urbanos de auga potable, saneamento e pluviais, utilizando para isto materiais de emprego actual para este tipo de instalacións: tubaxes de PVC  para fecais e pluviais (en ambos tipos cunhas dimensións de 315 milímetros) e tubaxes de polietileno de auga densidade para auga potable.

Pavimentación

Ademais, unha vez realizada a demolición dos pavimentos existentes, rematarase o camiño cun pavimento de mestura bituminosa en quente, proporcionando un acabado acorde co entorno no que se desenvolven os traballos. A obra está adscrita ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical