Dodro, 15 de outubro de 2012. O pasado 12 de outubro celebrouse a XIV edición da Carreira Pedestre de Lestrobe, cun gran ambiente, onde se deron cita case 500 participantes. Tamén chamou a atención a gran cantidade de corredores que se anotaron e logo non se presentaron á proba, non só nas categorías inferiores, nas que a inscrición era de balde, senón tamén nas de veteranos, onde anotarse costaba 5 euros.
Luis Calvo Castro ( 33:22 ) e Yolanda Gutiérrez Robles ( 36:28 ) foron os gañadores absolutos desta edición. No apartado de clubes o gañador foi o "Clube Atletismo Sar a Poutada" con 38 puntos, quedando en segundo lugar o "Noitebra FC" con 143 puntos e en terceiro lugar o "Clube de Atletismo Milladoiro" con 341 puntos.
É convinte destacar que na categoría pitufo participaron 80 atletas, unha proba sen premiación pero na que todos os participantes recibiron unha medalla conmemorativa.
Nas demáis probas os participantes recibiron avituallamento e unha camiseta como agasallo. Acudiron á proba os representantes das corporacións dos concellos de Dodro, Padrón e Rois que colaboraron neste evento como mostra do seu entendemento, que se formalizará na futura "Comunidade Intermunicipal Terras de Iria".
Logo da entrega de trofeos, Valentín Alfonsín, alcalde do Concello de Dodro, agradeceu a todos os atletas a súa participación nesta edición.
Todos os resultados coas marcas:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario