- O vindeiro mércores, 17 de outubro, ás sete da tarde (19:00) haberá unha concentración na Praza do Concello de Ribeira
- Na mesma repartirán información sobre os recortes aplicados á educación na bisbarra de Barbanza, para que os cidadáns, que estamos en plena campaña electoral, teñamos datos fidedignos do que acontece no eido educativo e non só propaganda electoral partidaria
Ribeira, 11 de outubro de 2012. Onte, mércores 10 de outubro, reuniuse a Asemblea en Defensa do Ensino Público da Barbanza no CEIP de Palmeira. Nesa asemblea acordouse, entre outras medidas, elaborar unha circular na que se recollan os recortes constatados nos centros educativos da comarca e unha breve análise dos puntos máis relevantes do anteproxecto da nova Lei de Educación. Toda esta información será repartida a toda á comunidade educativa nos centros de ensino e tamén a toda a cidadanía na concentración que se levará a cabo o MÉRCORES 17 DE OUTUBRO ÁS 7 DA TARDE NA PRAZA DO CONCELLO DE RIBEIRA.
Velaquí un resumo da información que se vai a presentar:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario