- Disque para optimizar a humanización da cidade, fíxose peonil estar rúa dende a praza de Otero Goyanes ata a praza de compostela, co anovamento das conducións de auga, saneamento, telefonía e electricidade, e co acondicionamento da calzada para persoas e vehículos
- Nos últimos meses, a agrupación socialista de Ribeira recolleu denuncias de comerciantes e peóns sobre o mal estado do empedrado desta rúa de Galicia, e a petición de facer sentir o seu malestar
- O Psoe constatou o deterioro do firme por mala colocación, con lousas estragadas, sen fixación e sen xuntas de dilatación. As diferenzas de nivel entre lousas chegan a dous centímetros, cando debían estar a ras, o que provoca traspés continuos dos peóns.
- Os comerciantes agardan que os reciba o alcalde e que se recobre o sentido único da vía, así como cambiar o firme central, mantendo marxes peoniles ben diferenzados. Tamén queren que se reubiquen as áreas de carga e descarga
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario