20.7.12

Ribeira: o venres 27 de xullo preséntase "O efecto Grenlandia", escultura para reflexionar sobre o cambio climático

Media_httpfarm7static_jvgdj

Sarasquete espuxo o ano pasado en Santiago varias esculturas-denuncia

Ribeira, 20 de xullo de 2012. O escultor Gonzalo Sarasquete e a Asociación AMBAR, coa colaboración do biólogo Ignacio Munilla, estarán o vindeiro venres, día 27 de xullo, na presentación dunha escultura-instalación e unha intervención artística de reflexión e divulgación. A instalación desenvolverase na caseta do celador de obras do Porto do Ribeira na súa cara sur, e correrá a cargo do escultor Gonzalo Sarasquete e o biólogo Ignacio Munilla Rumbao. Nela reivindican máis enerxías limpas e comprométense coa loita contra o cambio climático a través dunha escultura chamada O efecto Grenlandia, na que lle preguntan ao espectador: Que farías ti para que o quecemento global non avanzase? A montaxe consta dunha escala de mareas e a reprodución aumentada da fauna da preamar Gasterópodos (Lapas, Caramuxos e Cornetas) todo situado á posible altura do mar se se fundise o casquete de Grenlandia.

A intervención-happening, arredor das 12:30, terá lugar na praza Otero Goyanes e correrá a cargo dos alumnos da Asociación AMBAR e levará por título A sombra da marea, como continuidade deste acto reivindicativo, no que se situará a liña mareal, no hipotético caso dunha suba espectacular, para a que se instalarán os refugallos que o mar achega nas beiras.

E o 29 de xullo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical