- O vehículo percorrerá, de mércores a domingo, os lugares de maior interese das nove parroquias do municipio
- Só hai 22 prazas no bus. Custará tres euros a entrada para os adultos e os nenos ata dez anos, de balde. As entradas retíranse na oficina de turismo do Malecón
Ribeira, 20 de xullo de 2012.- Os turistas e os veciños terán a oportunidade de descubrir e disfrutar dos emprazamentos máis atractivos do municipio, grazas ao autobús que percorrerá, a partir de finais da semana que vén, as zonas de maior interese das nove parroquias do concello.
Baixo o lema “Rutas de Riveira en marcha, de todos para todos” a iniciativa, promovida dende a Concellería de Fomento do Emprego, Comercio, Turismo e Pemes, está dirixida segundo Anxo Orellán “a todos os que queiran coñecer os atractivos turísticos do concello, desde o dolmen de Axeitos ata o parque natural”.
Nova estética
O autocar ten un total de 22 prazas e conta cunha nova estética moito máis atractiva que o vehículo co que se iniciou este servizo o verán pasado, ao estar integramente panelado e serigrafiado cunha selección de imaxes turísticas do municipio. Pensouse nun transporte de menores dimensións que o de 2011 co fin de poder chegar a destinos que, como é o caso do porto de Corrubedo, doutra forma tería ser moi complicado alcanzar.
Durante dous meses a partir do 27 de xullo, percorrerá de mércores a domingo, de 11 a 13.30 horas, cinco rutas e unha máis alternativa por se chove.
Ao longo de todo o traxecto, unha guía acompañará aos visitantes e lles informará dos segredos do noso patrimonio, así como diferentes vídeos que ofrecerán información sobre o concello, e seus próximos proxectos como o de “Riveira Atlántica” As saídas e chegadas de todas as rutas faranse dende estación de autobuses e dividiranse en:
1. Mércores: parque Periurbano de San Roque e Centro de Interpretación Arqueolóxica, Miradoiro Pedra da Rá, Casa da Costa-CIELGA (Centro de Interpretación dos Ecosistemas Litorais de Galicia).
2. Xoves: miradoiro e capela de San Alberte, menhir de Olveira, dolmen de Axeitos, Centro Etnográfico de Artes.
3. Venres: lavadoiro de Penisqueira, peirao da Covasa, porto de Aguiño, pontes do Carreiro.
4. Sábado: miradouro da Curota, petróglifo da Pedra das Cabras, porto de Palmeira.
5. Domingo: gran duna do parque natural, faro de Corrubedo, porto de Corrubedo.
6. Ruta alternativa en caso de chuvia: Faro de Corrubedo, gran duna do parque natural, Casa da Costa-CIELGA (Centro de Interpretación dos Ecosistemas Litorais de Galicia).
Entradas
Os usuarios unicamente deberán pagar un prezo simbólico de tres euros, os rapaces de ata 10 anos poderán ir de forma gratuíta. Os tíckets cómpranse na oficina de turismo do Malecón, que está aberta de martes a domingo de 10 a 15 horas de mañá e de 16 a 21 horas pola tarde. Ademais as entradas non están numerados por fechas ni por días, polo que pódese elixir a data e a ruta que se queira facer.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario