20.7.12

Noia: envían o documento previo á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal ás administracións competentes

 

Noia, 20 de xullo de 2012. Segundo informou hoxe o concelleiro de Urbanismo noiés, Bieito González, "tal como se acordou na xunta da Comisión Municipal de Seguimento celebrada o día 5 do presente mes, na mañá de hoxe remitiuse ás administracións competentes na materia o “Documento previo á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal”, a fin de que as mesmas emitan os informes preceptivos sobre o asunto en cuestión".

 

A citada documentación foi remitida á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, ao Organismo Autónomo Augas de Galicia e á Dirección Xeral de Mobilidade. Tamén se entregou un exemplar na Demarcación de Costas do Estado en Galicia.

 

En palabras dos autores do documento, "o Plan Xeral debe contribuír a reforzar a estrutura social e económica de Noia en aras de manter a hexemonía no contexto xeográfico da Ría. Para iso o Plan Xeral definirá un modelo territorial capaz de canalizar o desenvolvemento e as inversións en base a un proxecto onde os recursos se utilicen de xeito responsable e respetuoso co ambiente e, o territorio asuma as funcións que lle son propias, segundo aos seus valores a potencialidades".

 

Reforzamento de turismo, comercio e cultura, entre outras funcións


Así, desde unha perspectiva comarcal, "Noia debe reforzar a súa función residencial, turística, administrativa, comercial, cultural e de servizo, apoiándose nunha estructura territorial lóxica e ben definida. Neste eido as Directrices de Ordenación do Territorio, referíndose ao sistema urbano intermedio, do que Noia forma parte, falan de aumentar o rango urbano de xeito que se incremente a calidade e variedade dos servizos e o atractivo do municipio como espazo de residencia e actividade", sinala o Concello en nota de prensa.


Pouco máis de oito mil vivendas actuais: prevén catro mil máis nos vindeiros 16 anos

 

O parque de vivendas existente no termo municipal é, na actualidade de 8.012, repartidas do seguinte xeito: no solo urbano consolidado 5.333; nos núcleos rurais históricos 1.738 e nos núcleos rurais comúns 941. En consecuencia estímase que o PXOM permitirá a construcción de 4.021 novas vivendas durante a vixencia do mesmo; vixencia que se prevé de 16 anos susceptible de revisión cando concorran algunhas das seguintes causas:

a)   Necesidade de adaptación a un novo marco legal.

b)   Cambio de circunstancias económicas, de poboación, sociais, que impliquen novas necesidades da comunidade.

c)    Cando a capacidade potencial de vivendas chegue a esgotarse máis dun 80%.

 

Durante o espazo de tempo comprendido entre os anos 2000 e 2010 construíronse en Noia un total de 832 vivendas de nova planta.

 

 

2000

2001

2002

2003

2004

2005

2006

2007

2008

2009

2010

Vivendas de nova planta

112

19

112

55

100

190

103

89

31

1

20

Poboación

14.404

14.410

14.391

14.586

14.481

14.637

14.702

14.808

14.875

14.970

14.947

 


O PXOM estaría listo en 2013


Se as administracións que hoxe reciben a totalidade do documento, emiten os informes no prazo establecido na Lei do Solo (dous meses), o Gobernmo Local estima que se poderá aprobar inicialmente  o PXOM no presente ano, e acto seguido sometelo ao trámite de exposición pública durante dous meses consecutivos (decembro de 2012 e xaneiro de 2013) para que o conxunto da cidadanía poda aportar cantas alegacións considere.




MEM_XUSTIFICATIVA.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical