8.4.11

Lousame: organizan a II Marcha BTT o vindeiro sábado 30 de abril

Ii_btt_lousame

Lousame, 8 de abril de 2011. O club de BTT "O Treito", de Lousame, en colaboración co Concello, organizan a "II Marcha Cicloturista Btt Concello de Lousame" que terá lugar o Sábado 30 de Abril de 2011 pola tarde. A ruta será de dificultade técnica e física de nivel alto e terá unha distancia aproximada de 40 km dos cales 2 serán por estrada asfaltada (a maioría o comezo) e o resto por sendeiros, trialeiras e pistas de terra. Realizarase un avituallamento líquido sen paradas e un segundo líquido e sólido aproximadamente no km 20 na ermida de San Cristovo (Ces), ao remate poderán disfrutar duns petiscos e algunha sorpresa máis (en especial para as mozas que se apunten) no Polideportivo Municipal.

A entrega de dorsais e firma de estatutos realizarase a partir das 15:00h ata as 15:45h no "Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra" que se sitúa a 1 km do Concello de Lousame. Saída ás 16:00 h.

Para apuntarse poden chamar ó teléfono 981 820 494 (de Luns a Venres de 9:00 a 14:00) ou ben na dirección de correo electrónico deporteslousame@gmail.com indicándonos nome e apelidos, d.n.i., teléfono e lugar de procedencia con data límite o 27 de abril. O límite de inscrición será de 300 participantes e a cota de inscrición terá un módico prezo de 5 euros (federados e non federados) a ingresar no número de conta 2091 0381 71 3040003248 do noso Club "BTT O TREITO LOUSAME" en NovaCaixaGalicia ou ben o mesmo día da marcha a un prezo de 7 euros.

NOTA: O RESGARDO DEBE LEVARSE PARA ENTREGAR NA RECOLLIDA DE DORSAIS.

A inscrición da dereito á participación, a un regalo, servizo de lavado de bicicletas e duchas, servizo de recollida de bicicleta en caso de avaría, ambulancia e varios sorteos que se farán na organización ao finalizar a proba.


REGULAMENTO “II MARCHA BTT CONCELLO DE LOUSAME”

1. O Concello de Lousame e o clube btt O Treito, organizan a II Marcha BTT Concello de Lousame que terá lugar o sábado 30 de abril, cun percorrido de 40 km. de dificultade técnica e física alta. A mesma será de carácter non competitivo. A saída terá lugar ás 16:00 horas no “Polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra” en Lousame, situado a 1 km da Casa do Concello .
2. Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscrición.
3. O prazo de inscrición finalizará o día 27 de abril ás 14:00 horas, ou una vez inscritos 300 participantes. A inscrición farase efectiva mediante chamada telefónica ó número 981 820494, ou ben enviando un correo electrónico a deporteslousame@gmail.com onde figurarán o nome e apelidos, data de nacemento e DNI dos participantes. A cota de inscrición, será de 5 € a ingresar na conta do Clube btt O Treito en novacaixagalicia 2091 03081 71 3040003248. No caso de pagar en man o mesmo día da proba o prezo será de 7€

A inscrición dará dereito á participación na proba, e incluirá os avituallamentos, un agasallo, servizo de lavado de bicicletas, servicio de ambulancia, e servicio de recollida no caso de avería. Só serán considerados participantes aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.
4. A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 15:00 horas, do sábado 30 de abril de 2011 no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra. A saída efectuarase ás 16:00 horas. A recollida de dorsais farase de xeito individual, presentando DNI.
5. O emprego do casco é obrigatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da marcha. O Clube btt O Treito non se fai responsable dos accidentes, nos que puidera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes puideran ocasionar durante a realización da marcha.
6. O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de Lousame, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.
7. Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento.
8. En todo momento respetaranse e acataranse as ordes e directrices do director da marcha, non sobrepasando en ningún momento ó vehículo que abre a mesma, o cal será obxecto de descalificación inmediata.
9. A Organización contará con servizo de ambulancia, a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil, non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
10. A organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.
11. O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical