8.4.11

A Pobra do Caramiñal: o conselleiro de Industria visitou Congalsa

A Pobra do Caramiñal, 8 de abril de 2011. A visita do conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra, esta mañá a Congalsa xerou unha nota de prensa por parte do equipo de goberno do PP que reproducimos de xeito íntegro e sen responsabilizarnos -non podía ser doutro xeito- de que dita nota incumpra a reformada Lei Electoral nalgúns párrafos, xa que nestas datas non se pode fachendear do feito ou por facer, aínda que estamos a ver que todas as formacións se saltan á lixeira a normativa e logo aínda lle queren botar a culpa aos mensaxeiros -neste caso os medios de comunicación-.

Nota do equipo de goberno (PP) da Pobra:

"Esta mañá o Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra acompañado do Alcalde de A Pobra do Caramiñal visitou a factoría de CONGALSA no Polígono Industrial de A Tomada, a chegada a mesma estaban esperando o Director Xeral de CONGALSA, D. Luis Miguel Simarro, o Presidente da entidade do Polígono Industrial de A Tomada, D. Manuel Durán o Presidente da Asociación de Empresarios de A Pobra , D. Manuel Tomé e o concelleiro delegado de Industria, D. Manuel Fontao e o RRII de CONGALSA, D. Ramón Doval.

Nas súas declaracións o Director Xeral de CONGALSA, destacou o esforzo do Concello de A Pobra do Caramiñal, na ampliación do Polígono Industrial, xa que na mesma a empresa ampliará a factoría número 4 en 10.000 m2 .

O Alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, destacou que esta empresa é pioneira no I+D+I , unha empresa que traballa nas novas tecnoloxías e que está empezando a ampliar o seu horizonte no estranxeiro.

Destacou tamén que coa Ampliación do Polígono Industrial de A Tomada, está empresa  ampliará a súa factoría o que redundará na Creación de novos postos de traballo, dato moi significativo para A Pobra do Caramiñal nestes momentos de crise económica e cos datos de paro máis altos da historia do noso país.

Sinalou tamén que desde a Alcaldía de A Pobra e desde a Xunta de Galicia, están e estarán sempre ao lado dos empresarios que apostan polas novas tecnoloxías e a innovación, así como pola creación de postos de traballo.

O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, dixo que esta era unha visita moi desexada e que se sentía moi honrado de visitar esta fábrica, ademais nestes momentos de crises é bo escoitar a un empresario dicir que vai crecer, ampliar horizontes, manter postos de traballo e incluso atreverse a crear novos postos.

A innovación significa apostar por novos produtos ao mesmo tempo que incrementar a produtividade, dixo, a innovación empresarial hacia o mundo da internacionalización está crecendo neste aspecto e a consellería sempre apostará polos empresarios que estean dispostos a facelo. Xa que isto nos permite crecer e competir.

Esta empresa conta con 300 postos de traballo, trescentas familias, que están seguras do seu futuro, grazas ao crecemento da súa empresa.

Os empresarios saben que desde a Consellería creouse un novo plan I2C ( investigación, innovación e crecemento ) [….O eixo estratéxico do I2C baseado na innovación empresarial fai énfase na promoción da innovación aberta, coa que os procesos de innovación saen dos departamentos de I+D das empresas para dar lugar a procesos baseados na colaboración. Ademais, o novo Plan contempla novas figuras de soporte á creación de empresas de base tecnolóxica e de apoio económico a proxectos de innovación que transcenderán o mero ámbito da subvención implicando o desenvolvemento doutros axentes e instrumentos de financiamento, todo isto a través de 19 liñas de actuación.

O conselleiro continuou a súa intervención facendo referencia ao empeño que o Alcalde puxo na Ampliación do Polígono Industrial de A Tomada para que fora unha realidade e o que disfruta explicando o crecemento do Polígono, das empresas e o significado que iso ten para A Pobra do Caramiñal.

Explicou tamén que os empresarios e comerciantes saben que teñen a Consellería á súa disposición para explicarlles as propostas que teñen cara as súas empresas e as novidades para as mesmas".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical