8.4.11

Rianxo: os nacionalistas reclaman o arranxo de dúas pontes do paseo do río Té

Rianxo, 8 de abril de 2011. O Bng de Rianxo reclama o amaño de dúas pontes de madeira derrubadas polas enchentes do inverno e que afectan ao paseo fluvial do río Té. "Xunto a iso é preciso acometer unha limpeza xeral, especialmente nalgunha zona onde a vexetación chega a cegar o camiño. Coa chegada do bo tempo e comezar a saír as familias a gozar do paseo polo río faise necesario agora acometer esa limpeza e os arranxos e recolocación das estruturas movidas pola enxurrada", conclúen os nacionalistas.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical