8.4.11

A Pobra: o instituto de Valmiñor, de Nigrán (Pontevedra) visitou o Museo de Valle Inclán

A Pobra, 8 de abril de 2011. O xoves 6 de abril chegou un novo grupo ás instalacións do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal: nesta ocasión foi un colectivo formado por 40 persoas, entre alumnos e mestres que, procedentes do centro de ensinanza I.E.S. de Valmiñor, da localidade de Nigrán, percorreron os lugares máis emblemáticos do centro da Pobra relacionados co escritor (Villa Eugenia, Farmacia Tato, Pazos do Couto e Aguiar), para logo ser recibidos na Torre de Bermúdez e conducidos pola técnica Begoña Olveira a través das distintas dependencias do Museo. 

Unha nova visita terá lugar este sábado día 9 pola tarde: ao Museo Valle-Inclán de A Pobra chegará un grupo de 20 persoas que a partir das 17:45 h. poderán disfrutar do edificio e o seu contido a través dunha percorrido guiado que os achegará ao insigne escritor galego en castelán.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical