3.1.11

Noia: a Consellería de Cultura da por rematada a restauración da Ponte de Traba

A Xunta rematou tamén actuacións nas pontes galegas de Pontedona, Marzá, Pontaleiras, Taboada e Vea.

Noia, 3 de xaneiro de 2011. Tras estar máis dun ano pechado ao tráfico, logo de continuos retrasos no comezo das obras e despois de meses de adiamentos na súa finalización, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, da por concluída "as obras de posta en valor" da Ponte de Traba, en Noia, e doutras cinco pontes de Galicia co obxecto de reparar os danos orixinados pola acción de diversos axentes, como a auga, a vexetación, ou o propio paso do tempo. O chamado "Plan de restauración de pontes históricas 2010" incluíu accións en: Ponte de Pontedona (Coristanco), Ponte de Traba (Noia), Ponte Marzá (Curtis), Ponte de Pontaleiras (As Neves), Ponte Taboada (Lalín) e Ponte Vea (Teo).


Fendedura na ponte de Traba que houbo que arranxar

Para levar a cabo as obras de reparación e consolidación da Ponte de Traba, en Noia, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural destinou 285.000 euros. Estas intervencións eran necesarias para reparar o desplome dun dos tímpanos e a fendedura de separación da boquiña do arco 3, rehabilitar os pretís e outros tímpanos para evitar o seu progresivo deterioro. Asemade, tamén se realizou unha cimentación da oquedade na pila número 2, a pavimentación da calzada e unha limpeza dos muros.


Calzada actual

Calzada antes da actuación

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical