16.6.10

Ribeira: está na lista vermella de WWF España por non ter controis sobre produtos forestais

via wwf.es

Ribeira, 16 de xuño de 2010. Dentro do seu observatorio "Cidades polas fragas", a organización ecoloxista WWF, na súa sección de España, meteu á cidade de Ribeira xunto a outras 17 localidades galegas na súa lista vermella, ao considerar que non teñen os controis suficientes sobre o tipo de madeira que consumen. Segundo esta asociación ambientalista, son merecentes de estar neste listado as cidades con máis de 20.000 habitantes que aínda non desenvolveron instrumentos para evitar a entrada de produtos forestais de orixe insostíbel ou que non facilitaron información ao respecto a WWF.

O Observatorio Cidades polos Bosques, de WWF España, valorou as medidas que toman os gobernos das cidades de España con máis de 20.000 habitantes para evitar a compra de produtos forestais de orixe ilegal e dar prioridade a aqueles que proceden da xestión ambiental e socialmente responsable dos bosques.

WWF España incluíu a 18 cidades galegas na súa lista vermella: Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo, Ferrol, Lalín, Lugo, Marín, Monforte de Lemos, Narón, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Ribeira, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Esta organización non incluíu ningunha localidade galega na lista verde de cidades que contan cun programa de compra responsable de produtos forestais que controla a orixe sostíble de produtos e dá prioridade a aqueles certificados por un sistema certo como o FSC (Forest Stewardship Council ou Consello de Administración Forestal). Máis información en http://www.wwf.es/que_hacemos/bosques/nuestras_soluciones/gestion_forestal/

Só A Coruña e Oleiros están na lista ámbar de cidades que incorporan nas súas compras algún instrumento de control sobre a orixe da madeira, pero que resulta insuficiente.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical