16.6.10

Ribeira: vinte señoras maiores clausuraron o obradoiro de reforzo educativo

Ribeira, 16 de xuño de 2010. Unha vintena de mulleres maiores de Ribeira asistiron ao acto de clausura do Obradoiro de Reforzo Educativo da Terceira Idade que tivo lugar esta mañá nas aulas dos Servizos Sociais situadas na rúa Cristobal Colón de Santa Uxía. 

No acto exhibiuse un mural colectivo no que se podían apreciar imaxes dos hórreos máis sobresaíntes da Comunidade Autónoma e moi particularmente do municipio ribeirense. Ademais, media ducia de participantes no taller leron uns textos no que explicaban as orixes e funcións deste símbolo etnográfico de Galicia. 

A concelleira de Educación de Ribeira felicitou ás mulleres que tomaron parte neste taller iniciado o pasado outubro e destacou a excelente labor desenvolvida polas seus alumnas. Estivo acompañada das tres integrantes do Voluntariado Social encargadas de impartir o curso: Cruz Rivadulla, María Gago e Antonia Vilas.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical