1.11.10

Porto do Son: os comuneiros de Baroña comezan a identificar o gando equino

A Comunidade de Montes de Baroña comezou coa identificación de eguas e cabalos para acatar a lei e baixo unha orde de axudas concedida pola Consellería de Medio Rural

Porto do Son, 1 de novembro de 2010. Segundo informa Ovidio Queiruga González, presidente da Comunidade de Monte de Baroña, "esta medida de identificación estaba sendo demandada pola Comunidade de Montes de Baroña dende xa foi moito tempo debido a que esta comunidade está a facer grandes esforzos e investimentos para o control do gando que se atopa no monte". Agora hai varios peches habilitados para a estadía de eguas e cabalos en semiliberdade coa finalidade de limpar o monte mediante o silvopastoreo, e deste xeito evitar que os cabalos galopen sen control polo monte, co conseguinte problema que supón se provocan danos a terceiros (accidentes nos camiños, entradas nas leiras de particulares, desfeitas nas colleitas e demais).

A egua "Pastora", apadriñada polo alcalde

      A implantación do microchip nos animais que se atopan dentro dos peches da Comunidade comezou hoxe, 1 de novembro, e repetirase noutra xornada máis debido ao elevado número de reses a identificar. Neste primeiro acto de identificación dos cabalos asistiron varios comuneiros e veciños da parroquia e foron convidados o Alcalde e a Tenente Alcalde do Concello de Porto do Son, invitados pola directiva da Comunidade para presenciaren in situ o proceso de recollida dos animais, así como a implantación do microchip e a identificación das novas crías. O alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, apadriñou un exemplar de Pura Raza Galega, unha euga á que se nomeou “Pastora”, na súa homenaxe.

Comuneiros identificando gando cabalar nun curro de Baroña
     Esta actuación está promovida pola Consellería de Medio Rural para ordenar o sector equino mediante a implantación de microchips do tamaño dun gran de arroz, que se coloca no terzo superior esquerdo do pescozo do cabalo, e que a través dun letor electrónico, permite coñecer todos os datos de identificación do cabalo así como o responsable da explotación á que pertence.

     Debido ao  convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Rural e o Consello Galego de Colexios Veterinarios, o acto clínico de identificación dos cabalos e o material utilizado polos veterinarios para a colocación do microchip está subvencionado nun 90%, co fin de compensar os gastos derivados desta obriga legal.

Relacionada:

Baroña: marcados a ferro en pleno século XXI

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical