1.11.10

Noia: 600.000 euros para 80 novas prazas de amarre no porto de Testal

As obras, cuxo anuncio de adxudicación se fixo hoxe, consisten na demolición e retirada dunha das ramplas de varada do porto, na ampliación das liñas de pantalán existentes e nunha dragaxe


Noia, 1 de novembro de 2010.- O ente público Portos de Galicia anunciou no Diario Oficial de Galicia a adxudicación definitiva das obras de ampliación das instalacións para embarcacións menores no porto do Testal, en Noia. O presuposto de adxudicación é de 691.724,14 euros e o prazo de execución de seis meses.

Actualmente existe unha instalación de pantaláns en forma de peine que serven de atraque para as embarcacións menores. Debido ao incremento crecente do marisqueo nos bancos próximos ao porto é necesario dotar a Testal de máis prazas de amarre para soportar a actual flota.

As obras consisten basicamente na demolición e retirada dunha das ramplas de varada do porto e na ampliación das liñas de pantalán existentes. Esta rampla non é necesaria debido a que coa outra existente, que cobre as necesidades do porto e as descargas realízanse principalmente a través do pantalán. Os pantaláns a ampliar servirán para dotar a estas instalacións portuarias de mais prazas de amarre para embarcacións menores. Finalmente realizarase unha dragaxe de mantemento de calados e pecharase a zona da rampla demolida cun peirao semellante ao existente.

A rampla actual de 58 metros de lonxitude e vinte de ancho, será demolida a escavarase nesa zona para acadar os dous metros de calado. Ademais realizarase unha reposición de calados ata un metro na zona próxima ás ramplas, sendo o volume total a dragar de preto de mil metros cúbicos.

Debido ao incremento de embarcacións maiores de 6 metros remodelarase unha das caras dun dos pantaláns transformando as prazas para embarcacións de 6 metros de eslora en prazas de 7 metros. Ademais da remodelación deste pantalán ampliaranse outros tres en 37 metros de longo. Con esta remodelación créanse 80 prazas de amarre para embarcacións menores repartidas en 51 prazas de 6 metros e 29 de 7 metros. Todas as prazas irán dotadas de brazos de amarre e terán as instalacións necesarias tanto de auga e alumeado como de seguridade. O peirao cubrirá a zona de arranque da rampla demolida e dará continuidade ao actual peirao. Este tramo terá unha lonxitude de 20 metros e dous de calado, para o que será necesario facer unha dragaxe en gabia para acadar as cotas adecuadas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical