2.11.10

Rianxo: o sábado 6 de novembro, Entremans representa o espectáculo de danza "En la cuenca de tus ojos"

Rianxo, 2 de novembro de 2010. O próximo sábado 6 de novembro terá lugar no Auditorio de Rianxo, ás 20.30 h, o espectáculo "En la cuenca de tus ojos" a cargo da compañía de danza profesional Entremans.

Entremans é unha compañía residente en Galicia, de pequeno formato e con cinco anos de traxectoria nos que foron premiados en diferentes ocasións e participaron en distintos festivais nacionais e internacionais.
As pezas de Entremans realízanse xeralmente cunha dirección artística colectiva, o que fai que non poida definirse como unha compañía ao uso, cun director artístico permanente, se non máis ben como un colectivo de artistas que se reúnen para a creación dunha nova peza, asumindo conxuntamente a dirección ou, nalgunha ocasión, sinalando un director específico para unha nova creación.
Entremans nace en 2005 da man dos cubanos afincados en Galicia, Armando Marten, Ana Beatriz Pérez, Alexis Fernández e Kirenia Martínez, baixo a produción da galega Estefanía Vázquez. Neste ano estrean "En la cuenca de tus ojos", dirixida e interpretada por eles catro, primeira peza da compañía coa que conseguen o 1º premio do Certame Coreográfico de Burgos-New York (2006) e o 1º premio do Certame de Creación Coreográfica de Galicia (2006).

Blog da compañía Entremans
http://ciaentremans.blogspot.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical