Sede da Fundación comarcal "Ría de Muros e Noia", en Noia
Noia-Muros, 19 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage denunciou hoxe que “o Goberno do Presidente Feijóo sigue mantendo as fundacións comarcais a pesar de que o modelo de comarcalización de Galicia foi un fiasco absoluto”.
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia pedirá a semana que vén unha comparecencia do Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, co obxecto de coñecer os plans do executivo autonómico con respecto ás Fundacións Comarcais e á Lei de Desenvolvemento Comarcal vixente en Galicia. O Viceportavoz do Grupo Socialista entende que “Feijóo ten que explicar que ten pensado facer con entes como as fundacións que supoñen un claro coste para as arcas públicas e que non eficientes xa que o modelo de comarcalización fracasou”.
“O Conselleiro da Presidencia aínda non explicou que teñen pensado facer coas Fundacións Comarcais. Levan un ano gobernando Galicia pero seguimos sen noticias do que teñen pensado facer cun modelo de comarcalización que fracasou pero que creou novas estructuras como son as Fundacións Comarcais”. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage, dixo hoxe que “o máis preocupante do Goberno do Presidente Feijóo é a ausencia de proxecto para o País, e unha boa mostra é que non teñen definido aínda que van facer coas famosas Fundacións Comarcais aínda vixentes".
Escultura que se entrega co premio "Historia de Galicia Medieval", que patrocina en parte a Fundación comarcal Noia-Muros
”O modelo de comarcalización que implantara o PP durante os Gobernos de Fraga Iribarne na Xunta de Galicia fracasou xa que non trouxo consecuencias positivas para o territorio nin supuxo maior proximidade da administracción autonómica aos cidadáns”, advertía o parlamentario de orixe outiense, que engadiu: ”Creo tería sido razonable que o Presidente da Xunta e o seu conselleiro da Presidencia tiveran explicado cal é o seu modelo territorial-administrativo e que teñen pensado facer coas fundacións comarcais, que supoñen un coste económico para as arcas públicas e máis en tempos de crise nos que se lle pide aos cidadáns que se apreten o cinturón”.
Lage Tuñas recorda que “Galicia precisa dun proxecto de país onde quede claro como se articula o territorio tamén no plano político-administrativo e suponse que o goberno galego tería que ternos explicado neste primeiro ano de goberno cales son os seus obxectivos e que teñen pensado facer cun proceso de comarcalización que colleitou un estrepitoso fracaso”.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario