O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas denuncia “un intento de frear a inversión do Estado en Noia” por parte dos partidos da oposición, só buscando réditos electorais por parte do PP e coa colaboración inexplicable do BNG.
-O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage fixo hoxe unha valoración dos pasos dados polos grupos da oposición e afirmou que “é difícil de entender que agora o PP e o BNG veñan falando de mesas de traballo cando o proxecto de limpeza da ría comezou a tramitarse no ano 2007, licitándose no BOE o 4 de decembro dese mesmo ano”.
-”O Goberno de España dispón unha partida inicial de 3 millóns de euros para comezar a limpeza da ría de Noia coa demolición da escollera e a volta ao estado natural do estuario, e o PP coa colaboración do BNG opóñense agora dous anos despois de que comezara a tramitación do proxecto, o que é unha auténtica irresponsabilidade”.
-Lage Tuñas recorda que “o proxecto foi tramitado e contou co seu primeiro informe favorable da “Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino” no ano 2009. No mesmo ano, concretamente o 22 de Setembro de 2009 o propio Ministerio decide someter o proxecto ao procedimento de evaluación de impacto ambiental”:
“A Xunta emitiu tres informes ao proxecto ( O Ente Público Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Recursos Mariños e a Secretaria Xeral de Calidade Ambiental) que en ningún caso se pronuncian contra a demolición da escollera de Noia. Por qué agora en 2010 o PP coa colaboración do BNG intentan frear un proxecto que levamos tres anos impulsando para afrontar unha vella demanda dos noieses e noiesas?”´
-”O PP di que a demolición da escollera pode ser negativa, e eu pregúntome para quen é negativa, para as noiesas e noieses non, para máis de 1500 persoas que traballan no marisqueo tampouco. É unha barbaridade o que está intentando facer o Partido Popular coa colaboración inexplicable do BNG.”
Noia, 19 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage fixo hoxe unha valoración dos pasos dados polos grupos da oposición en relación ao proxecto da limpeza da ría de Noia e afirmou que “é difícil de entender que agora o PP e o BNG veñan falando de crear mesas de traballo cando o proxecto de limpeza da ría comezou a tramitarse no ano 2007, licitándose no BOE o 4 de decembro dese mesmo ano, e nos últimos 2 anos permaneceron mudos, e agora opóñense cando se quere comezar a súa execución”.
Lage Tuñas dixo hoxe que “dende o PSdeG vamos a traballar co alcalde García Guerrero á cabeza para que o Estado invirta en Noia para rexenerar e limpar a ría a pesares dos obstáculos que intentan poñer tanto PP como BNG. O pobo de Noia non se merece unha oposición tan irresponsable”.
O deputado do PSdeG afirma que ”existe unha gran indignación entre os comerciantes, os empresarios, a confraría, e unha inmensa maioría dos veciños de Noia polo intento do PP e do BNG de impedir que se poida invertir 3 millóns de euros na limpeza e rexeneración da ría. É unha pena que o PP e BNG busquen retrasar o proxecto amparándose en mesas de traballo que non se lle ocurriu propoñer durante estos tres anos. Están opoñéndose aos desexos da inmensa maioría dos cidadáns de Noia”.
O dirixente socialista recordaba hoxe que a actuación de Portos de Galicia quedou retratada no famoso informe de dez liñas e fóra de prazo, onde alegan que non se pode demoler a escollera porque é o único acceso ao porto de Noia e que por iso se opoñen”.
LAGE TUÑAS: “o pobo de Noia leva esperando 30 anos por este proxecto e agora ao PP e ao BNG parécelles que non hai que ter présa, e propóñen volver a empezar un proxecto no que levamos traballando dende fai casi tres anos. Paréceme unha tomadura de pelo aos veciños de Noia e unha gran irresponsabilidade”.
”O Goberno de España dispón unha partida inicial de 3 millóns de euros para comezar a limpeza da ría de Noia coa demolición da escollera e a volta ao estado natural do estuario, e o PP coa colaboración do BNG opóñense agora dous anos despois de que comezara a tramitación do proxecto, o que é unha auténtica irresponsabilidade”.
Lage Tuñas recorda que “o proxecto foi tramitado e contou co seu primeiro informe favorable da “Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino” no ano 2009. No mesmo ano, concretamente o 22 de Setembro de 2009 o propio Ministerio decide someter o proxecto ao procedimento de evaluación de impacto ambiental”:
“A Xunta emitiu tres informes ao proxecto (O Ente Público Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Recursos Mariños e a Secretaria Xeral de Calidade Ambiental) que en ningún caso se pronuncian contra a demolición da escollera de Noia. Por qué agora en 2010 o PP coa colaboración do BNG intentan frear un proxecto que levamos tres anos impulsando para afrontar unha vella demanda dos noieses e noiesas?”´
”O PP di que a demolición da escollera pode ser negativa, e eu pregúntome para quen é negativa, para as noiesas e noieses non, para máis de 1500 persoas que traballan no marisqueo tampouco. É unha barbaridade o que está intentando facer o Partido Popular coa colaboración inexplicable do BNG.”
O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia facía xa na pasada semana un chamamento aos grupos do PP e do BNG de Noia para que apoien o proxecto do Estado para a limpeza da ría de Noia, coa conseguinte demolición da escollera e o dragado dunha parte importante de superficie ao carón do muelle do Marqués. “Vexo que persisten na súa oposición ao proxecto co obxecto de impedir que Noia poida ter unha importante inversión.”
O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas denunciaba hoxe así “un intento de frear a inversión do Estado en Noia” por parte dos partidos da oposición, só buscando réditos electorais por parte do PP e coa colaboración inexplicable do BNG.
O deputado socialista recorda que levan traballando coordenadamente co goberno de España dende fai máis de dous anos para sacar adiante un proxecto clave para o futuro de Noia. O deputado do PSdeG entende que ”é o momento de que a oposición apoie ao goberno e non tiren pedras contra os intereses de Noia. Que escoiten ás asociacións empresariais, ao pequeno comercio, aos veciños de Noia”.
Dende o PSdeG-PSOE defenden a inversión do Estado e o papel xogado polos socialistas galegos para que Noia recupere o tempo perdido con inversións destas características que “son positivas e ademais supoñen o primeiro paso para recuperar o esplendor de Noia como referencia entre as vilas medias de Galicia”.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario