A licenza para pescar lampreas e outras especies de esteiro é a máis cara, 46,85 euros
Barbanza-Noia, 19 de marzo de 2010.- Este domingo non só chega oficialmente a primavera: tamén comeza a tempada de pesca 2010, de acordo coa normativa que regula esta actividade e cuxas competencias corresponden á Consellería do Medio Rural. Antes do inicio formal da campaña a Xunta editou unha completa guía informativa coas principais novidades deste ano, así como con diferentes datos sobre tipos e prezos das licencias, períodos hábiles, modalidades, horarios e tramos, que vai adxunta nesta nova.
90.000 licenzas o ano pasado
En Galicia expedíronse en 2009 un total de 90.198 licenzas de pesca, nas súas diferentes modalidades (para españois, estranxeiros residentes ou cidadáns da UE; segundo as especies; para pesca a flote, etc.). Foron case catro mil menos que na tempada de 2008, na que se emitiron un total de 94.187 licenzas.
As principais novidades desta tempada son o establecemento de novos tramos libres de pesca sen morte nos ríos Avia, Belelle, Iso, Ladroíl, Lor, Navea-Queixa e Támega; a apertura dos coutos de Caldas de Reis e Ponte Arnelas; un novo tramo de pesca sen morte no couto de Caldas de Reis e outro de iguais características no río Castro, afluente do Xuvia. Tamén se permitirá a pesca se morte no couto de San Tirso (nos lotes dous –Estreitos– e tres –Louredal–) e parcialmente no lote catro do couto da Pontenova (O Cairo).
Modalidades de pesca
No que atinxe ás modalidades de pesca, como regra xeral e para tódalas especies, só se autoriza a pesca con cana, sen prexuízo da regulamentación específica da anguía, angula ou meixón, a lamprea e o cangrexo vermello americano. En tramos de río, só se permite o emprego dunha cana por persoa, a unha distancia máxima do pescador ou pescadora de tres metros e dunha sacadeira ou un lazo como elemento auxiliar.
No que atinxe á pesca sen morte, autorízase unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña cun só anzol e sen arponciño, quedando prohibido para tódolos efectos o engado natural. Ademais, especifícase que tódalas capturas deberán ser devoltas á auga inmediatamente despois da súa extracción.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario