7.3.12

Ribeira: van renovar a rúa Alexandre Bóveda

Alexandre_bveda

  • Eliminarase a tubaxe de fibrocemento e separaranse fecais e pluviais 

 

Ribeira, 7 de marzo de 2012.- O Concello informou da adxudicación dunha actuación para renovar os servizos da céntrica rúa Alexandre Bóveda de Ribeira, que se ubica paralela á rúa Canarias e conecta coa rúa de Galicia. 

Actualmente este vial carece de rede separativa de sumidoiros, existindo unha única liña de saneamento que recolle augas fecais e pluviais. Ademais, a súa rede de abastecemento é de fibrocemento e o firme do pavimento está deteriorado. 

En virtude da nova actuación, instalarase unha nova tubaxe de abastecemento de 65 metros feita de polietileno de alta densidade. Ademais, separaranse os residuos fecais e pluviais, dispoñendo  unha tubaxe de 70 metros de PVC compacto e outra de 100 metros de PVC corrugado, respectivamente. 

Pavimentación

En canto á pavimentación, empregarase adoquín prefabricado de formigón sobre morteiro. No centro da rúa situarase un caz prefabricado de formigón para facilitar a recollida de augas superficiais. 

Resultou adxudicataria da obra a empresa Excavaciones Nima, S.L., por un prezo de 54.551 euros. 

A actuación adscríbese ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas municipal.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical