7.3.12

Política: o Psoe acusa á Xunta de incumprir a mantenza dos Grumir

pregunta grumir.PDF Download this file

  • A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista, Sonia Verdes, denuncia que a Consellería de Medio Rural non asinou o convenio para os Grumir -Grupos Municipais de Intervención Rápida- estables nos concellos, e que estaba orzamentado en 1,2 millóns de euros
  • Acusa á Xunta de deixar as súas competencias e cargarllas aos concellos
Media_httpfarm5static_tqgbi

Integrantes dun Grumir de Barbanza nun cursiño

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2012. A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe no Pleno para reclamar explicacións sobre o compromiso do goberno de Feijoo coa Fegamp, para o mantemento dos Grumir estables nos concellos que interveñen e participan na extinción de incendios forestais.

Alí acusou ao Conselleiro de Presidencia de “mentir” sobre o suposto compromiso da Xunta, xa que denuncia que a Consellería de Medio Rural non asinou o convenio para os Grumir estables nos concellos, e que estaba orzamentado en 1.2 millóns de euros. Insistiu en que o Goberno de Feijóo “non cumpre cos seus compromisos”, e ademais dixo que a Xunta “deixa de manter as súas competencias cargándollas aos concellos de Galicia”. E preguntou porque non puxeron en marcha o “consorcio dos bombeiros”.

Verdes lembrou que as consellarías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; e a do Medio Rural da Xunta de Galicia asinaban conxuntamente, e todos os anos, coa Federación Galega de Municipios e Provincias  (Fegamp) un convenio de colaboración para actuacións en emerxencias, e tarefas de protección civil, e prevención e extinción de incendios forestais.

Media_httpfarm4static_rgyja

Actuación nun incendio no monte Tahúme

A deputada sinala que o obxecto do convenio de colaboración é dotar ás entidades locais dun grupo estable e profesionalizado dentro dos Grumir das entidades locais galegas, vinculados á existencia dunha estrutura renovable financiada a través de programas de emprego, para realizar as funcións establecidas nos plans de emerxencias municipais, nos plans de actuación municipal, no Plan de prevención e defensa  contra incendios forestais de Galicia  (Pladiga), nos plans de prevención e defensa contra incendios forestais de distrito (PPDCIF) e as establecidas nos diferentes plans de protección civil da Comunidade Autónoma. Sinala que deste xeito  as Consellarías de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza e a do Medio Rural colaboraban no financiamento dos custos que supoñan a operatividade dos Grumir estables a contratar polos concellos, achegando unha achega única a través dos seus orzamentos ingresada na conta da Fegamp como entidade colaboradora.

48 concellos galegos

Relata que no ano 2010 asinábase un convenio  para un total de 48 concellos galegos achegando a Consellaría de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza 424.000 euros, e  a Consellaría do Medio Rural 1,2 millóns de euros. No ano 2011 a Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,  asinou coa Fegamp o  dito convenio de colaboración, achegando  418.000 euros; malia a Consellaría do Medio Rural non achegou a  parte económica comprometida por valor de 1,2 millóns de euros.

Advirte que “diante desta situación os concellos decidiron asumir os custes para o mantemento dos Grumir estables co fin de manter os servizos que lles viñan prestando aos veciños e ás veciños”.

Verdes denuncia que "Feijóo non pagou nin garante o groso das axudas que costean as unidades de intervención rápida, e compromete a viabilidade do servizo e o futuro dos  Grumir estables en 48 concellos galegos. Algo que obriga aos concellos a prescindir do persoal dos Grumir", finalizou.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical