Páxina da revista "Vosotros" que financiou, disque, Isaac MaceirasA Pobra, 15 de xuño de 2012. As continuas vulneracións na Pobra da lei que obriga aos concellos de Galicia a velar polo galego como lingua propia desta comunidade chegan desta volta ao Parlamento de Galicia, da man do Bng. O equipo de goberno do Partido Popular, que dirixe o alcalde Isaac Maceiras, continúa coa súa teima de poñer centraliñas só en castelán, pagar do seu peto revistas que fan bulra da nosa lingua -como é o caso de "Vosotros", de Galicia Bilingüe- e outras patadas á lingua de Rosalía que os nacionalistas non van deixar pasar por alto.
Reproducimos de xeito íntegro as preguntas ao Pleno do Concello, presentadas polo Grupo Municipal do BNG, e que deron orixe á iniciativa no Parlamento galego, tamén presentada na súa totalidade nesta información.Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario