- A idade mínima para beber alcohol pasa dos 16 aos 18 anos, namentres que a realidade social di que a idade de comezo do consumo deste tóxico entre a poboación galega é de 14 anos
- Multas entre 600 e 600.000 euros
Ribeira, 15 de xuño de 2012. A Asociación Renacer, en colaboración co Concello de Ribeira, vai realizar unha charla informativa sobre a Lei de Prevención do Consumo de Alcohol en Menores de Idade, para potenciar e visibilizar o cumprimento da devandita norma e para sensibilizar á sociedade dos riscos do consumo abusivo de alcohol, especialmente en menores, e potenciala como axente preventivo nesta temática. Terá lugar o vindeiro 21 de xuño, ás sete da tarde na Aula Multimedia do Concello, sita no baixo da Confraría de Pescadores no Paseo do Malecón.
A charla correrá a cargo de D. Jorge Suances, Subdirector do Programa de Fomento de Estilos de Vida Saudables da Consellería de Sanidade. O acto estará presidido por María González Suárez, presidenta da Asociación Renacer, será presentado por María del Pilar Quintela Veiga, psicóloga da entidade e contará coa participación dun representante do concello.
Ó longo do acto detallarase o texto desta nova normativa que eleva de 16 a 18 años a idade mínima para o consumo de bebidas alcohólicas e prohíbe a venta a este colectivo, ao tempo que limita a súa promoción e publicidade.
A mesma vai dirixida a tódolos sectores sociais, empresariais, educativos e familiar, dado que previr o consumo de alcohol entre menores ou tentar retrasar a idade de inicio, que en Galicia se sitúa entorno os 14 años, é responsabilidade de todos/as.
A Lei recolle sancións que oscilan entre los 600 euros -para infraccións leves- e os 600.000, no caso de infraccións moi graves.
Algúns dos aspectos que se abordarán son:
- Prohibición da venta, subministro ou consumo de bebidas alcohólicas en centros docentes e espazos destinados a actividades deportivas, cando as instalacións estean destinadas a menores ou os seus usuarios/as formen parte, "maioritariamente", deste colectivo.
- Prohibición da venta e subministro, a través de máquinas expendedoras e do acceso os menores "a espazos de ocio" como pubs ou discotecas, excepto en aqueles casos no que se celebren "sesións" especificamente destinadas a este colectivo e nas que estará "absolutamente prohibida" a venta de bebidas alcohólicas.
- No que respecta a publicidade, promoción e patrocinio, a prohibición de calquera campaña dirixida a menores de 18 anos que "induza" ao seu consumo, anuncio de bebidas alcohólicas en centros docentes ou destinados a menores, así como nas publicacións dirixidas a este colectivo.
- Prohibición de calquera tipo de promoción que poda inducir ao consumo abusivo de bebidas alcohólicas, especialmente as de rebaixa dos seus prezos nos locais onde se consumen.
- Prohibición da venta de alcohol entre as 22.00 e as 9.00 horas, excepto nos establecementos autorizados, cos seus horarios correspondentes.
Renacer convida a toda a poboación a este acto.
Negro paraíso: Tamara Peña fala no Venres Caníbal de escotes, saias curtas e apariencias femininas. Hash-tag "tetas" certo.es/index.php?page… No lavarse los dientes aumenta el riesgo de morir prematuramente de cáncer bit.ly/L1Z0Fl SI QUEDAS CON UN TÍA/O Y SE PASA MÁS DEL 60% DEL TIEMPO MIRANDO EL MÓVIL, NO QUIERE NADA CONTIGO. #APRENDEALIGARENLAUSC
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario