A Pobra, 4 de xuño de 2012. Mañá comeza a celebrarse no Centro Banamex de Ciudad de México ALIMENTARIA 2012, a exposición de alimentos e bebidas máis importante que se realiza nese país, na que arredor de 350 empresas nacionais e internacionais con variedade de produtos terán contacto con máis de 12 mil visitantes profesionais. Nasección Vinos de España, este mesmo martes día 5 de xuño vaise presentar, ás 16.20, o viño Altares de Postmarcos (Adega Entre Os Ríos) da Denominación de Orixe Viños da Terra de Barbanza e Iria. Este albariño monovarietal do 2009 sobre lías elaborouse no municipio de A Pobra do Caramiñal.
Altares de Postmarcos: minucioso proceso de elaboración, un caldo que se acubilla 15 meses en barricas de aceiro inoxidable a temperatura controlada de 14ºC, acadando deste xeito unha fermentación máis lenta, un viño máis aromático, con máis sabor e cunha madurez froito da crianza en depósito que confirma a actual tendencia a envellecer os albariños.
Enlaces relacionados:
ALIMENTARIA: http://www.alimentaria-mexico.com/es/Actividades/Catas-de-Vino
ADEGA ENTRE OS RIOS: www.entreosrios.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario