4.6.12

Ribeira: están a instalar os semáforos definitivos do Malecón

Ribeira, 4 de xuño de 2012.- Despois de efectuar nas últimas semanas os labores preliminares de colocación do cableado, na mañá de hoxe luns deu comezo a anunciada instalación dos anunciados semáforos na avenida do Malecón: unha actuación que se adscribe ao plan de mobilidade e accesibilidade da área portuaria incluído no proxecto Ribeira Atlántica 2015, cofinanciado nun 70% con fondos europeos Feder.

Hai que recordar que esta actuación, realizada co obxectivo de reordenar a mobilidade cidadá nunha das principais arterias da cidade, foi efectuada pola empresa Esycsa ao resultar adxudicataria da mesma por un importe de 80.000 euros.

A tal efecto, estanse a implantar elementos semafóricos na intersección do Malecón con Rosalía de Castro e nos tres pasos peonís comprendidos entre a oficina de turismo e o acceso peonil ao porto. Todo, co obxectivo de regular a mobilidade dos peóns e vehículos e aumentar a seguridade viaria sen prexudicar a fluidez do tráfico rodado.

Os semáforos son de última xeración: a iluminación de tecnoloxía LED de baixo consumo e alta visibilidade, e ademais están equipados con dispositivos acústicos para invidentes. Unha vez entren en funcionamento, todos os elementos estarán coordinados, operando de maneira sincronizada, e contarán con plans de tráfico específicos para datas estivais.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical