4.6.12

Ribeira: a Xunta celebra o Día Mundial do Medio Ambiente no parque de Corrubedo cunha visita escolar

  • Achegaranse este martes, 5 de xuño, medio cento de escolares do Xuventude de Santiago

Ribeira, 4 de xuño de 2012.- A Xunta de Galicia conmemora este 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, con distintas actividades nos parques naturais da comunidade, co obxectivo de dar a coñecer o papel dos parques naturais na preservación do medio ambiente.

Concretamente no Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán organízase unha actividade conmemorativa desta data, na que participarán medio cento de escolares de 2º e 3º de primaria do Colexio Xuventude (Santiago). Os estudantes recibirán información sobre a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente e realizarán un itinerario guiado por monitores por este Parque Natural, que foi declarado no ano 1992 por ser un lugar privilexiado do noso costeiro desde o punto de vista ecolóxico e xeomormolóxico, polas súas formacións lacustres e o seu sistema dunar, único en toda a xeografía galega.

Desde hai 40 anos
Desde 1972 o 5 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente que foi establecido pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas. Este ano o día estará centrado no lema: Economía verde: inclúete a ti?

Relacionada:


Parque Natural de Corrubedo: desastre de xestión

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical