O pasado martes rematou o primeiro "Taller de Memoria" organizado pola Asociación de Veciños de Carreira.
Neste obradoiro, cunha duración de dous meses, participaron un total de 15 persoas de diversas edades, que a través de sinxelos exercicios foron exercitando as capacidades memorísticas.
No medio dun ambiente distendido e agradable, todos os participantes, unanimemente, demandaron a organización doutros talleres de memoria xa que consideraron que este tipo de actividades son moi beneficiosas para xente de tódalas edades.

A Asociación, que preside Ana Gómez Hermo, agasallou, -como mandan os cánones-, cun refrixerio co que se clausurou a actividade, e no que se rematou desexándolles, tanto ós participantes, como a tódolos membros da entidade veciñal, unhas felices festas de Nadal.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario