13.4.11

Ribeira: a montaxe teatral "Pepita Grilla", de Blanca Marsillach, represéntase o martes 19 de abril

Teatro_blanca_marsillach

Ribeira, 13 de abril de 2011. O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro martes, día 19 de abril, a partir das 21 horas, unha representación teatral a cargo da compañía da reputada actriz e empresaria Blanca Marsillach. Trátase da obra “Pepita Grilla” (non confundir coa artista así chamada en internet), con guión escrito por Elie Varela. Esta iniciativa está enmarcada dentro do programa “Accións de Sensibilización no Ámbito da Igualdade” que promove a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Ribeira, cuxo concelleiro de Cultura e Festexos, Luciano Fernández Martínez, ofreceu os pormenores da representación. 

Segundo manifestou o edil , “a función pretende ser moito máis que unha comedia de teatro: quere ser dun fenómeno teatral que involucra ao público o obxectivo de poñerlles en contacto co seu eu interior e conseguir con isto volver a avaliar o concepto que teñen de si mesmos para fortalecer a autoconfianza”. 

A obra está cimentada en tres puntos principais: en primeiro lugar, Blanca Marsillach da inicio cunha pequena introdución sobre o autor da obra en gala en primeira persoa das súas experiencias como muller e como ser humano, cos seus medos, frustracións e inseguridades. En segundo termo, e ao longo de 35 minutos, a actriz ofrecerá ao público o desenvolvemento da propia representación. Unha vez concluída esta, Blanca permanecerá media hora no escenario para dar resposta ás preguntas que o público poida ter respecto á obra, ao tempo que se levarán a cabo unha serie de accións que convidan e comprometen ao público presente a participar activamente xunto á actriz. 

Blanca Marsillach é  filla do prestixioso actor, director e autor teatral, xa falecido, Adolfo Marsillach. Deu os seus primeiros pasos no teatro da man do seu pai, na obra “Matahari”. O teatro clásico foi un dos seus mellores piares á hora da representación e participou, entre outras montaxes, en “La Celestina” e “La Dama Boba”.  Tamén ten participado en cine (por exemplo, en “Los Señores del Acero”, de Paul Voerhoven” e televisión (“Segunda Enseñanza”, de Pedro Masó e Ana Diosdado). 

A función é gratuíta. Poderanse recoller as entradas media hora antes do inicio da mesma.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical