Manifestación contra as gaiolas en San Caetano (Santiago, Xunta)
Noia, 13 de abril de 2011. Os votos en contra do Partido Popular impediron hoxe sacar adiante unha proposición non de le ido BNG que tiña por obxecto adoptar as medidas precisas para impedir a instalación de gaiolas de produción de salmón na ría de Muro se Noia.
O deputado nacionalista Bieito Lobeira lamentou que o portavoz do PP, José Manuel Balseiro, demostrara coa súa intervención e co seu posicionamento de voto a súa falta de ética e de palabra e lembrou como hai apenas dous anos, cando estaban na oposición, se opuña firmemente a estas instalacións en calquera ría. Para o parlamentar, a decisión da Consellería é difícil de xustificar, pois entra en contradición cos seus propios informes e cos redactados pola Consellería de Medio Ambiente, que conclúen sobre o risco de afección severa, recomendando que non se deberían ter instalado na ría de Arousa, “por que nunhas rías si e noutras non”, dixo. Lobeira engadiu que ademais, aínda que non houbera estes informes, só por cautela e prevención non debería concederse a autorización da Xunta, pois estáse a falar dun espazo singular, privilexiado para a produción pesqueira, marisqueira e mexilloeira, con máis 1.600 embarcacións, máis de 500 mariscadoras, 120 bateas, “que dan de comer a milleiros de persoas”. O deputado asegurou que o impacto económico positivo ao que alude á Xunta non é real, pois mentres a conselleira do Mar fala de 300 postos de traballo a propia empresa fala só de 108, unha cifra “irrelevante” sobre todo se compara cos milleiros de empregos que se poden destruir, directos e inducidos. Engadiu que esta “obsesión” do Partido Popular por poñer en funcionamento estas instalacións só responde ao seu empeño en satisfacer os intereses empresariais, neste caso de North West Food S.L.“Autorizan as gaiolas en nome dun modelo de política pesqueira que do noso ponto de vista é suicida, pois fai prevalecer os intereses das empresas privadas por riba dos intereses dos traballadores e traballadoras do mar”. Bieito Lobeira concluiu amosando á súa solidariedade cos representantes do sector que asistiron ao debate na Cámara –celebrado a última hora da tarde de onte malia que a votación da iniciativa foi esta mañá-, comprometéndose a seguir ao seu lado, loitando por frear estas instalacións e tamén para evitar as ameazas, sancións e denuncias das que están sendo víctimas por exercer o seu libre dereito a opoñerse ás decisións do goberno.Antes, en Certo:
Manifestación do pasado sábado en Noia, nun mitin do PP
Noia, 12 de abril de 2011. O pasado martes 12 de abril membros do BNG da comarca de Muros e Noia acompañaron a representantes do sector mariñeiro da comarca ao Parlamento Galego, onde se debatía a Proposición non de Lei presentada polo BNG para evitar a instalación de gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia.
En representación do sector desprazáronse os patróns maiores de Noia e Muros así como representantes da confraría de Portosín e das asociacións de bateeiros de Muros. Acompañáronos os portavoces municipais do BNG de Muros, Noia, Outes e Porto do Son así como alcalde de Muros e o responsábel comarcal desta organización.
No parlamento, o deputado Bieito Lobeira puxo de manifesto que coa instalación das gaiolas corre perigo o principal medio de vida da poboación da ría de Muros e Noia. Afirmou que existen informes da propia Xunta que indican os efectos nocivos da acuicultura de salmón na ría e que o Partido Popular defende agora para a ría de Muros e Noia o que hai dous anos rexeitaba, como mero proxecto piloto, para a ría de Arousa. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, non acudíu ao pleno do parlamento e foi o deputado José Manuel Balseiro, quen defendeu a postura do Partido Popular a favor das xaulas. Curiosamente fora ese mesmo deputado quen en 2008 e como recollen as hemerotecas chatara de despropósito a instalación das xaulas na ría de Arousa.
O BNG da ría de Muros e Noia considera que é lamentábel que o Partido Popular non atenda ás reclamacións do sector e que poña por diante os intereses dunha empresa multinacional que poden, ademais, ocasionar danos irreparábeis á nosa ría.
Antes, en Certo:
Precampaña: a oposición ás gaiolas de salmón amólalle un mitin ao PP
Gaiolas de salmón: manifestación espontánea na Ría contra elas
Gaiolas de salmón na Ría: o Bng tamén se opón no Parlamento
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario