A Pobra, 13 de abril de 2011. O programa de hoxe foi extenso:
A primeira hora da mañá os rapaces de 3º da ESO foron á casa Mª Villoch a visitar unha fábrica de salazón. Mentres, os de segundo da ESO vían no salón de usos múltiples unha película sobre a biodiversidade e os de bacharelato buscaban biomoléculas nos diferentes experimentos que se facían no laboratorio de Ciencias.
Posteriormente, os de primeiro da ESO pasaronno moi ben co obradoiro de cerámica de Buño. Cun torno tradicional impulsado cos pés modelaron distintas pezas de barro. Tamén utilizando distintos moldes fixeron pequenas pezas que levaron de recordo. Resultou tan interesante que ao final do día apuntáronse (inda que non estaba previsto no programa) os profesores e alumnos do ciclo formativo.
Os de cuarto da ESO seguiron coa investigación sobre o mexillón para levar toda esa información a Lituania en maio.
Moi interesante resultou a proxección fotográfica de TIM, antiguo alumno do Centro. Durante 40 minutos proxectaronse as súas fotografías coordinadas con música, nunha excelente fotomontaxe musical que desfrutaron os alumnos de 3º ESO.
Rematou o día coa conferencia sobre a o legado grecorromano en Occidente, impartida polo ex-profesor do instituto Daniel Bravo aos rapaces de Bacharelato.
Continúan, e xa van polas fases finais, os campionatos deportivos de voleibol, baloncesto e xadrez organizados polos alumnos de Bacharelato coordenados polo departamento de Educación física.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario