Este xoves, día 14 de Abril, será o IES Coroso de Ribeira quen exercerá de anfitrión do alumnado melidense. Os ribeirenses guiarános pola comarca, para amosarlles a vida económica comarcal, polo que visitarán a fábrica “Ángel López Soto” de Couso, Aguiño, especializada en conxelado, e tamén a lonxa, pois é o máis característico deste concello. Asimesmo, queren mostrarlles a riqueza natural e arqueolóxica da contorna, para iso conduciranos ao miradoiro da Curota, para que contemplen non só a Ría senón o arco da costa até Fisterra, xa que veñen dunha comarca do interior. Non marcharán sen coñecer o faro e as dunas de Corrubedo, o dolmen de Axeitos e o castro de Baroña, xa no municipio veciño do Son, visita na que contarán cun guía do concello.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario