4.1.12

Dodro: asinan convenio para axudar aos pobres do municipio

Dodro, 4 de xaneiro de 2012. O alcalde do Concello, Valentín Alfonsín, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade que dirixe Marisol Boga Grela, asinou onte, día 3 de xaneiro, un convenio de colaboración coa Fundación "Amigos de Galicia" despois de varias xestións realizadas pola concellería. 

O Convenio ten por obxecto dar “cobertura de necesidades básicas ás persoas en situación de carencia de recursos económicos de Dodro” coa distribución de alimentos e outros productos de primeira necesidade, recollendo tamén axudas de roupa e calzado, mobles e enseres domésticos, produtos hixiénicos e material escolar entre outros. 

O custo deste convenio para o Concello de Dodro é de 2.000 € anuales e repercutirá  en axudas a familias de Dodro nuns 40.000 €. Coa sinatura deste Convenio, o equipo de goberno "comprométese unha vez máis cos máis necesitados do noso concello", segundo fontes municipais.  

Tamén con data de onte, o Concello de Dodro vai colaborar na campaña “Recollida de tapóns de plástico para salvar a vida de Aitana” organizada por esta mesma Fundación. As persoas interesadas en colaborar poderán depositar os tapóns de plástico na Casa do Concello ou no Departamento de Servizos Sociais.

Que é "Amigos de Galicia"

http://www.fundacionamigosdegalicia.org


Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!

Firma_convenio

Bando recollida tapóns Aitana.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical