- Do venres 6 de xaneiro ao domingo 8
Ribeira, 4 de xaneiro de 2012.- Este vindeiro venres 6 de xaneiro comezará unha nova edición do Máster Galego de Tenis, torneo que está organizado polo Club de Tenis Punta Salera, en colaboración co Concello de Ribeira e a Federación Galega de Tenis, e está patrocinado por Banca Mediolanum, Punto de Partido e Eroski. Blas Sobrido, secretario do Club Punta Salera, e Juan Luis Martínez, concelleiro de Deportes de Ribeira, deron conta hoxe das principais características do torneo, no que participarán as mellores raquetas da Comunidade.
A competición estará dividida en dúas categorías: absoluta feminina (cunha nutrida participación da zona entre as dezaseis xogadoras) e absoluta masculina. Nesta última, o cabeza de serie nº1 será o defensor do título e actual campión galego, o vigués Miguel Casal; mentres que o segundo favorito será o mexicano afincado en Vigo Roberto Rodríguez, seguido do coruñés Rodrigo Figueroa, nº3 de Galicia e 62º de España.
Os partidos en categoría feminina comezarán a disputarse ás 17 horas do venres nos pavillóns de Artes, Coroso, Sirves e Fieiteira; mentres que os oitavos de final masculinos celebraranse o sábado a partires das 10 horas nos pavillóns de Coroso e Fieiteira, deixando este último escenario para o desenvolvemento dos cuartos de final durante toda a tarde.
As semifinais en ambas categorías xogaranse na Fieiteira o domingo a partires das 9.30 da mañá, iniciándose polas femininas, en tanto que as masculinas darán comezo non antes das 12 do mediodía. As finais están programadas para as 17.00 horas a femenina e as 18.15 horas a masculina. Ambas, na Fieiteira.
Tanto Juan Luis Martínez como Blas Sobrido quixeron convidar a todos os veciños da comarca a que non deixen de presenciar este gran espectáculo no que se congregarán os mellores tenistas deste país.
Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!Pode que tamén lle interese:
Carreira popular de Nadal: será o sábado 7 de xaneiro
Torneo: Flor de Toxo organiza un en xaneiro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario