13.1.10

Ribeira: o venres 15 de xaneiro, "Os soños de Walla"

<div><br /><b>OS SOÑOS DE WALLA</b><br /><i>por juliopez</i></div>

Teatro e sensibilización social danse a man este venres coa representación de Os soños de Walla

 

Santa Uxía de Ribeira, 13 de xaneira de 2010.- Este venres, día 15 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, o Auditorio Municipal de Ribeira vai dar cabida ao espectáculo teatral “Os soños de Walla”, que se adscribe dentro do programa teatrAcción: unha iniciativa promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Escola Superior de Arte Dramático (ESAD), cuxo principal obxecto estriba en utilizar o teatro como ferramenta de sensibilización cidadá en relación aos desequilibrios globais, as súas causas e as súas consecuencias. Para a súa posta en escena no municipio de Ribeira contou coa colaboración da Concellería de Igualdade, Acción Social, Deportes e Voluntariado que dirixe María Esther Patiño.

 

“Os soños de Walla”, de Julio Fernández, aborda a historia dunha adolescente con muletas empeñada en ir á escola que, ante o impedimento da súa minusvalía física e da longa distancia que separa a súa aldea da escola máis próxima, afronta o seu desexo de aprendizaxe cos obstáculos determinados polos seus prexuízos e a discriminación existente no seu entorno. O seu soño de aprendizaxe encerra tamén a súa pretensión de xerar ilusión ao seu redor.               

 

TeatrAcción


A creación do programa teatrAcción xurde da sinatura dun convenio no 2008 entre o Fondo Galego e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, con Manuel Vieites á fronte do proxecto como director. Con el preténdese unir teatro e sensibilización social. O primeiro ano destinouse á conformación do grupo e á execución de diferentes obradoiros de traballo nos que se afinaron as posibilidades de empregar o teatro como ferramenta de sensibilización social. Neste segundo ano o grupo de traballo conformado pola ESAD de Galicia, representará a obra “Os soños de Walla” en 10 Concellos galegos.

 

Neste sentido, ademais de en Ribeira, a obra vaise representar proximamente en Oleiros, Outes e Baiona e xa se escenificou en Vigo, Sarria, Allariz, Viveiro, O Barco e Ourense: todos eles concellos asociados ao Fondo Galego.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical