Traballo está a investir este ano 926.000 euros en políticas de promoción do emprego e en accións formativas no concello boirense (550.000 directamente no obradoiro, onde se forman 28 alumnos, entre albaneis e carpinteiros)
O acción mixta de formación e emprego, que está a piques de rematar, dotará a Boiro dun viveiro de empresas no polígono industrial de Espiñeira
Boiro, 4 de xuño de 2010.- O Goberno galego está a investir este ano na localidade de Boiro un total de 926.000 euros destinados a políticas de promoción do emprego e a accións formativas. Así o resaltou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen visitou o obradoiro de emprego que está a piques de rematar. A iniciativa vense celebrando durante o ultimo ano e a súa finalización suporá dotar ao concello dun viveiro de empresas.
O departamento autonómico investiu neste obradoiro preto de 550.000 euros, no que se están a formar 28 alumnos en albanelería e carpintería. Mato destacou que as previsións son que ao menos 18 deles poidan insertarse no mercado laboral ao lembrar que as estadías indican que un 70 por cento dos participantes nos obradoiros de emprego conseguen un contrato de traballo.
Así, Mato salientou que “o Goberno galego segue a confiar na efectividade das políticas activas de emprego e máis que nunca nesta situación de crise” ao tempo que avogou “plenamente” polo fomento da empregabilidade como “unha auténtica vía para axudar aos traballadores en paro, ao contrario que os subsidios”. Engadiu que para a Administración autonómica esta iniciativa é unha “ferramenta básica” para a mellora da empregabilidade dos traballadores e traballadoras galegas. Argumentou que as accións mixtas de formación e emprego proporcionan un contrato de traballo, ofertan unha formación acorde coas necesidades do mercado laboral e fan visible o esforzo coa realización de obras de interese xeral para a comunidade. Explicou tamén que a planificación destas accións forman parte “esencial” do diálogo cos axentes sociais e tamén do Plan Autonómico de Emprego 2010-2013.
Neste sentido, recordou que a Consellería de Traballo e Benestar destinará a accións mixtas de formación e emprego 36,9 millóns de euros en toda Galicia este ano. Precisamente, a semana pasada procedeuse á selección de novos proxectos para estes programas, que nunha primeira fase suporán un investimento de preto de 13 millóns de euros e o desenvolvemento de 26 novos proxectos. A actuación de Traballo e Benestar beneficiará a 650 desempregados e a preto de 100 profesionais docentes. “A Xunta agarda que esta aposta, na que estamos seguros contaremos co apoio dos concellos, sirva para proporcionar un horizonte máis forte para Galicia á saída desta crise”, concluíu.Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario