Dodro, 24 de xuño de 2011. A Festa do Carneiro de Dodro chega este ano á súa edición décimocuarta. O que queira participar deberá pagar dez euros por cada convidado, e ten que retirar os tickets no Concello ata o 30 de xuño, en horario de nove da mañá a dúas da tarde. O programa é ben simple: á unha da tarde (hai que gardar as festas e os domingos... ) hai misa solemne, e ás dúas, papatorio. Os 10 euros inclúen prato conmemorativo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario