11.6.10

Boiro: o alcalde recolle o luns en Madrid as bandeiras "Q" de Calidade Turística concedidas a Mañóns, Carragueiros e A Retorta


Bandeira azul e bandeira Q

Boiro, 11 de xuño de 2010. O Comité de Seguimento do Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE), reunido o pasado 17 de setembro, decidiu renovar o distintivo da Q de Calidade Turística nas praias de Mañóns, Carragueiros e A Retorta.

O vindeiro luns, 14 de xuño, ás 13:30 h. no Salón de Actos do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio,  entregaranse as Bandeiras “Q” Calidad Turística que acreditan a 152 praias das costas españolas. A este acto asistirá o alcalde, Xosé Deira Triñanes.

Serán o Ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián; o Secretario de Estado de Turismo, Joan Mesquida e o presidente do ICTE, Miguel Mirones os que farán entrega das Bandeiras “Q”  ás praias españolas certificadas polo Instituto para la Calidad Turística Española.

O incremento nun 28% de certificacións neste sector turístico, respecto ao ano anterior, contribúe á firme aposta que dende as administracións públicas, principalmente concellos, se está a facer por dotar as súas instalacións de baño de todos os servizos de: seguridade, hixiene e servizos complementarios para a súa posterior certificación polo ICTE.

Carragueiros, nun día de chuvia

A Norma "Q" Calidad Turística para praias ofrece un sistema de calidade dirixido ao goce turístico das praias dende o respecto aos valores medioambientais e a sostibilidade dos ecosistemas. Diferénciase dos demais recoñecementos, que unicamente se centran en aspectos referidos á auga do mar e os areais.

Esta Norma de Calidade está implantada en 9 Comunidades Autónomas: Andalucía, Asturias, Baleares, Cantabria, Cataluña, Galicia, Melilla y Murcia. Galicia ten actualmente 9 bandeiras "Q" (catro na provincia de A Coruña) e tres delas corresponden ao concello de Boiro, como se pode comprobar en http://www.calidadturistica.es

 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical