Eugenia Santos, Jontxu Argibay e Gonzalo Sarasquete amosan as súas pezas no Centro Español-La Nacional
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño colabora na organización da exposición colectiva “Encontros” coa que se pretende promover a divulgación da arte e da cultura galega nos Estados Unidos
Na mostra, que se amosa no Centro Español – La Nacional ata o 18 de decembro, participan ademais Iria Rodríguez, Verónica Pérez, Nacho Porto, Cuqui Piñeiro, Rosa Méndez, Suso Dobao e Marcos Escudero
Os artistas galegos que conforman a exposición colectiva “Encontros” están especializados no traballo con diferentes materiais como a pedra, o bronce, o vidro ou a cerámica. Entre os participantes atópanse os obradoiros artesanais de Iria Rodríguez, Nacho Porto, Rosa Méndez, Suso Dobao e Marcos Escudero e os artesáns Verónica Pérez, Cuqui Piñeiro, Jontxu Argibay e Eugenia Santos, estes dous últimos de Ribeira. Ademais tamén participan os artistas Teresa Añón, Gonzalo Sarasquete (de Ribeira pero residenciado en Baleares), Manuel Teira e José Caamaño.
<p>Eugenia Santos sculptural jeweller from Artesania de Galicia on Vimeo.</p>
Ademais dunha excelente plataforma de promoción internacional para os artistas galegos e un punto de intercambio cultural no que se dean a coñecer as novas tendencias da creatividade galega, a mostra “Encontros” pretende funcionar tamén como unha canle de enlace con Galicia, que sirva para proxectar a imaxe da nosa comunidade autónoma no exterior, da nosa cultura e do noso turismo.
<p>Jontxu Argibay - Sculptor from Artesania de Galicia on Vimeo.</p>
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario