A Pobra, 7 de maio de 2012. O grupo municipal do BNG da Pobra do Caramiñal rexistrou hoxe no Concello unha iniciativa para debate e resposta no vindeiro pleno ordinario deste mes no que critica ao goberno popular de Isaac Maceiras pola súa mala xestión dos gastos do centro de saúde.
"Trátase de saber a razón pola cal o Concello, dende marzo do 2010 que se aprobou, aínda segue a asumir os gastos de mantemento do centro de saúde. Estes están a ser soportados por todos os veciños e veciñas da Pobra grazas á ineficiencia e submisión do Goberno Municipal ao da Xunta", sinalan os nacionalistas que comanda Rosana Pérez.
"Mentres que a Xunta, supoñemos que pola situación económica, segue sen asumir os gastos de mantemento do ambulatorio, arredor de 23.000 euros ao ano, o alcalde está anunciando “a bombo e platillo” a construción dun novo centro de saúde na nosa localidade. Mentres a Xunta segue incumprindo os seus compromisos cos concellos e coa cidadanía, o alcalde aproba un plan de axuste por 1.500.000 euros para pagar o que debe, que suporá un importante incremento dos impostos aos veciños e veciñas da Pobra nos vindeiros anos", argumentan dende o Bng, onde conclúen que "éstas son algunhas das consecuencias da xa tristemente famosa austeridade do PP".Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario