Ribeira, 7 de maio de 2012.- Representantes de 54 asociacións sociais e culturais de Ribeira participaron esta mañá no salón de plenos do Consistorio nunha reunión de traballo convocada polo Executivo co fin de recabar a implicación das mesmas na elaboración do programa do que se vai denominar “Xuño da Cultura e as Artes” (non confundir o mes coa parroquia de Porto do Son, que xa non é a primeira vez). Trátase dunha ambiciosa proposta que ten intención de executar o Concello este ano e neste mes, no que non adoita haber nada especial -ata xullo en que a Festa da Dorna enche de ocio as rúas- co propósito de inzar o municipio de actividades e fomentar a cultura entre a poboación no máis amplo sentido do termo. Cada día algunha actividade culturalO encontro estivo presidido polo alcalde, Manuel Ruiz, e contou tamén coa participación da concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e dos técnicos do seu departamento Unai González e Segundo Chiqui Durán. A pretensión do Concello é que, buscando a colaboración activa das asociacións, se consiga que todos os días do mes de xuño haxa algún tipo actividade, non só en instalacións municipais senón na medida do posible nas prazas e rúas (“temos que ser capaces de sacar a cultura á rúa”, aseverou o rexedor). Este propósito de xerar contidos non só se cingue á cidade senón que é extensivo a todas as parroquias do municipio. A tal efecto, a Área de Cultura xa elaborou unha proposta de programa que sirva de base ao calendario de eventos que integran este “Xuño da Cultura e as Artes”: proposta na que se conteñen tanto actividades organizadas directamente polo Concello como outras iniciativas promovidas a instancia de asociacións que -dende que a portavoz municipal Herminia Pouso anunciara a mediados de marzo a intención de levar á práctica esta idea-, xa amosaron a súa disposición a ser partícipes no desenvolvemento da mesma. Durante a reunión de hoxe acordouse que as asociación interesadas en participar no deseño do programa formulen as súas suxestións ao longo da presente semana.Ribeira, Cultura MariñeiraO alcalde tamén avanzou que para o mes de agosto está prevista a celebración doutra nova iniciativa titulada “Ribeira, Cultura Mariñeira” coa que poñer en valor o patrimonio do municipio vinculado ao mundo do mar. Da actuación formarían parte propostas xa asentadas como a Feira Artesanal e Mariñeira (aínda que rexistrando certos cambios no seu plantexamento) e outras novas, entre as cales se inclúen por exemplo dous cursos de verán das Universidades de Santiago de Compostela e Menéndez Pelayo, e unha gran festa para potenciar a promoción de produtos pesqueiros que a día de hoxe non gozan dunha gran saída comercial, como o lirio ou o congro. A este respecto, Manuel Ruiz convidou ás asociacións a que aporten a súa colaboración neste proxecto. Así mesmo, o alcalde manifestou a idoneidade de promover periodicamente este tipo de reunións coas asociacións a fin de poder escoitar as súas suxestións, problemas e aportacións.
Audición aberta o martes 8 de maioMañá martes 8 de maio terá lugar ás 19.30 horas no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Riveira unha audición a cargo de catro alumnos do Centro que van representar ao Concello na III Mostra Musical do Eixo Atlantico: evento que se vai desenvolver esta fin de semana en Vilagarcía de Arousa. A audición é libre e gratuíta para os que queiran asistir.Os catro alumnos participantes son:1. Manuel Jesus Montero González (Piano - 4º de Grao Profesional)2. Amaro Sampedro López (Saxofón -5º curso de Grao Profesional) 3. Lois Pimentel Iglesias (Trompeta - 1º curso de Grao Profesional)4. Michelle Pena González (Piano - 3º curso de Grao Profesional)Pode que tamén lle interese:

Libros no Ateneo: o 18 de maio, "Vigo a 80" e o 24, "Herdeiros pola forza"
Xornada: o Día Solar Europeo, o 19 de maio, no Liceo
Semáforos do Malecón: os máis modernos, a partir de xuño
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario